Entrelas, vestidas de branco, cantan ao solpor nas rochas de Laxe, co mar detrás e o público sentado diante.

Entrelas, grupo vocal

O grupo

As integrantes de Entrelas nunha escalinata de pedra, con roupa de cores e agapantos en primeiro plano.

Somos Entrelas, un grupo vocal feminino de nove mulleres. Comezamos a nosa andadura a finais do 2011 na Coruña. Cada concerto ten a súa propia personalidade, a súa propia cor e a súa propia historia.

Ofrecemos música esencialmente do noso tempo, esa que moitas veces nos resulta familiar e nos trae lembranzas, cantada só por voces femininas que, ao unirse, crean un fermoso tecido sonoro onde a única protagonista é a voz.

O realmente importante para nós é a música. Trátase de gozar con ela cantando e de que o público tamén o faga.

Somos socias da Asociación Cultural Tres por Cuatro.

Retrato de grupo de Entrelas, de branco e azul, con flores azuis no pelo, diante do roll-up do grupo.
Entrelas canta de branco e azul, con flores azuis no pelo, diante dunhas cristaleiras con vistas ao mar.
Entrelas baixo unha árbore en Pontedeume, con rosas rosas no pelo, sorrindo á cámara.

Concertos

Entrelas baixo unha árbore en Pontedeume, con rosas rosas no pelo, sorrindo á cámara.

Desde 2011 levamos a nosa música a teatros, museos, igrexas, auditorios, prazas e festivais. A música non para e nós tampouco! Aquí atoparás as nosas próximas actuacións.

  • 20/11/2026As mulleres na Música GalegaPontedeume
  • 22/11/2026Circo de ArtesánsA Coruña
  • 17/04/2027Cangas

Repertorio

Entrelas diante da Casa da Manuela, en Ferramulín, con vestidos e saias estampadas de flores, xunto ao roll-up do grupo.

O noso repertorio é moi variado: obras populares galegas, chachachás, boleros, bossa novas, soul, música pop, panxoliñas do mundo, bandas sonoras de películas, reggae e outros ritmos, segundo o tipo de concerto.

Os arranxos están adaptados a catro ou máis voces femininas, na súa maioría por Ileana Delgado e tamén pola nosa directora, Ana Rifón.

O repertorio completo está no noso blog

Entrelas, grupo vocal da Coruña